É un pracer para nós ter xestionado o local onde abriu o pasado xoves a marca italiana de restaurantes Ginos. É un espazo acolledor e cosmopolita no Juana de Vega 15, para gozar da gastronomía italo-mediterránea. A súa oferta gastronómica está definida polas súas receitas de auténtica cociña italiana, elaboradas ao momento e de forma artesanal. O Grupo Vips reforza así a súa presenza en Galicia, onde xa conta con restaurantes en Vigo e Santiago de Compostela. A marca italiana tamén está inmersa nun importante plan de expansión en España, onde xa conta con 120 establecementos (89 en propiedade e 31 en franquía).
Desexámoslles moito éxito e esperamos seguir colaborando nos seus novos proxectos.
