Este mes de setembro inaugurouse na nosa cidade o primeiro establecemento de Galicia da xoiería Apodemia. en cuxa implantación Tivemos o pracer de participar. É unha liña con carácter propio e deseño de sinatura inspirada nas formas da natureza, baseada na súa patente de chapado en ouro blindado de 48 quilates. No ámbito empresarial, Apodemia está en plena expansión nacional e internacional, creando diversos postos de traballo para os seus novos departamentos.
Hoxe queremos felicitar aos seus cofundadores, a deseñadora Jimena Von Knobloch e ao seu CEO Jaime Landeta, cliente e amigo, por un proxecto que se fixo realidade e ao que lle desexamos o maior éxito. Parabéns e aquí estamos para seguir acompañando o teu crecemento.
