Con esta nova apertura, AMA, a mutua de seguros da comunidade sanitaria no ámbito persoal, profesional, patrimonial e familiar, pretende unificar os servizos que ata agora viñan prestando as súas oficinas en diversos puntos da nosa cidade, nunha nova e ampla sede na céntrica rúa Juana de Vega.
Desde a súa creación en 1965, AMA non parou de crecer ata que hoxe é a terceira en volume de primas entre as mutuas españolas.
É unha satisfacción para nós poder participar, a través da venda do seu novo local, nunha empresa tan consolidada e cuxa expansión é unha realidade.
